NOVOS
CICLOS DUAIS
E CURSOS DE
ESPECIALIZACIÓN
ABRÍMOSCHE
AS PORTAS
ABRÍMOSCHE AS PORTAS
Vídeo
QUE É A FP DUAL?
FORMACIÓN PRÁCTICA REMUNERADA COMO MELLOR APOSTA POLO TEU FUTURO!
A FP Dual é un innovador sistema de formación profesional que combina a aprendizaxe na aula coa experiencia práctica na empresa, que ten moita máis presenza que nos ciclos convencionais. Ademais trátanse de prácticas que están remuneradas, polo que poderás aprender nos mellores restaurantes e cadeas hoteleiras ao tempo que percibes unha compensación económica.
Mellor, imposible!

Que son os cursos de especialización?
Os másters da FP para especializarte no teu sector!
Os Cursos de Especialización son o equivalente a un máster da formación profesional. Se tras rematar os dous cursos dun FP queres seguir formándote, estes cursos dun ano de duración son a mellor oportunidade para perfeccionar coñecementos técnicos sobre o teu sector. Especializarte nunca foi tan doado!

Curso de especialización
A panadaría é unha das profesións con máis saída dentro do sector das industrias alimentarias. Con este novo Curso de Especialización, o alumnado que teña completado os seus estudos de formación profesional poderá especializarse na elaboración de pan e bolaría de xeito artesán, amplificando aínda máis as oportunidades de incorporarse ao mundo laboral cun emprego estable e de calidade.
Os grandes restaurantes son moito máis que a súa cociña. Con este ciclo superior formaraste sobre funcións tan necesarias como a do mâitre, o sommelier ou o hostess, e adquirirás as competencias necesarias para dirixir o servizo dos salóns máis esixentes. E todo da man dos mellores profesionais de Galicia grazas ao noso convenio cos restaurantes do Grupo HOTUSA!
Dirección de
Servizos de
Restauración co
GRUPO HOTUSA
Ciclo Superior

Xestión de
Aloxamentos
Turísticos co
GRUPO HOTUSA
Ciclo Superior
Se o teu é o turismo, a xestión de aloxamentos é unha das profesións con máis saídas do sector. Co noso ciclo formaraste en todos os aspectos da organización deste tipo de establecementos, dende a atención ao cliente ata o marketing dixital, nunha das cadeas hoteleiras máis importantes a nivel internacional: o Grupo Hotusa, propietaria de marcas como Eurostars ou Exe Hotels.
Servizos de
Restauración
coa FUNDACIÓN
MAHOU-SAN MIGUEL
Ciclo Medio
Gústache estar en contacto co público? Se queres adicarte ao mundo da restauración e tes don de xentes, a formación en servizos de restauración é unha opción con moitas saídas profesionais. Neste ciclo aprenderás todo o necesario para traballar nunha cafetería ou na sala dun restaurante mentres fas prácticas nos mellores comedores da man da Fundación Mahou – San Miguel.
QUERES SABER MÁIS SOBRE A NOSA OFERTA DE FP?
Déixanos unha mensaxe!